HomeSucesosMorre un veciño do Saviñao, tras envorcar co tractor

Morre un veciño do Saviñao, tras envorcar co tractor

Un novo sinistro no rural do sur de Lugo remata co falecemento dun home, nesta ocasión en Ousende.

Publicado o

- Advertisement -

Unha persoa morreu na tarde deste venres ao envorcar o tractor que manexaba no lugar de Ousende, no municipio do Saviñao.

Segundo informa o 112, fixeron falta medios de excarceración para liberar á vítima, ao quedar esta atrapada baixo o vehículo. O sinistro ocorreu pasadas as 16:45 horas, cando un particular contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias para alertar do ocorrido.

Seguidamente, o 112 alertou ao 061, á Garda Civil, a Protección Civil e aos bombeiros de Chantada. No lugar dos feitos presentáronse os servizos sanitarios e tamén se desprazou un helicóptero medicalizado con base en Ourense. Malia todos os esforzos, nada se puido facer por salvarlle a vida.

 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...