HomeDeportesO Club de Pesca Río Cabe celebrou unha xornada de convivencia para...

O Club de Pesca Río Cabe celebrou unha xornada de convivencia para poñer fin á tempada

Tras semanas de aprendizaxe, as novas promesas do deporte déronse cita na área recreativa de Ribas Altas para gozar dunha última xornada de pesca, con entrega de diplomas, merenda e agasallos para o alumnado.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A xornada final de tempada 2026 que organizou o Club de Pesca Río Cabe de Monforte días atrás estivo centrada na práctica activa a pé de río, onde os participantes puideron demostrar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos ao longo do curso e empregando sempre a modalidade de “pesca sen morte”.

A organización ofreceu unha merenda compartida entre alumnos, monitores e familiares, estreitando os lazos dunha comunidade que comparte a paixón polos ecosistemas fluviais. O momento máis emotivo da tarde, din dende a directiva do Club de Pesca Río Cabe, “tivo lugar co acto de clausura coa entrega dos merecidos diplomas oficiais a todos os participantes, recoñecendo o seu aproveitamento da formación”. No acto tamén se fixo entrega de agasallos consistentes en gorras e camisetas corporativas da entidade.

PROXECTO DE SENSIBILIZACIÓN QUE CONTA COA COLABORACIÓN DE VARIOS CENTROS DE ENSINO

Esta campaña de promoción deportiva dá continuidade directa á folla de ruta e aos proxectos de sensibilización que o club desenvolve no municipio, onde este ano destacaron as visitas formativas do CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos e do CEIP Plurilingüe A Gándara. Nestes encontros escolares, enmarcados nas iniciativas “Gardiáns do Cabe” e “Residuo Cero”, promoveuse o contacto directo co río Cabe e o achegamento a técnicas de pesca como a aprendizaxe do lanzado ou obradoiros de montaxe artesanal de moscas. Unhas accións divulgativas que transmitiron valores de respecto e de protección coa contorna natural.

Dende a directiva do Club de Pesca Río Cabe amosaron a súa enorme satisfacción polo desenvolvemento de todas as actividades deste curso. “Estamos moi contentos de que haxa continuidade nesta actividade. Ver a un neno ou nena pescar con respecto ao medio
ambiente é a maior recompensa para o traballo do noso club”
, referían con emoción dende a Directiva.

Co traballo desta entidade monfortina ao longo do 2026 queda constancia do seu traballo pola divulgación da pesca deportiva, do seu compromiso pola conservación da contorna fluvial do río Cabe, e da vontade de seguir colaborando coa comunidade educativa local.

ÚLTIMAS

O ‘Festival do Viño da Ribeira Sacra’ consolídase como escaparate do sector vitivinícola

O pasado venres 3 de xullo comezaba no Paseo do Malecón o VIII Festival...

Segredos de Pantón anuncia os roteiros escollidos para ‘Cultiva Cultura’

Tras anunciar días atrás a súa estratexia de promoción do territorio con roteiros de...

Dous detidos por transportar MDMA, cocaína e haxix ocultas no seu vehículo no Páramo

A Garda Civil detivo a dúas persoas como presuntas autoras dun delito contra a...