HomesociedadeO Son da Aldea: festival multicultural rural e en galego

O Son da Aldea: festival multicultural rural e en galego

Será este 27 de xuño e está organizado pola Asociación Veciñal As Candelas de San Xoán de Toldaos, no Concello de Pantón.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Conta atrás para a 5ª edición de ‘O Son da Aldea’, un festival que presume de facerse cento por cento en galego e acoller boa música do país así como outras actividades para a toda a familia.

O festival conta este ano cun programa de propostas musicais moi interesantes. A partir das 18:30 h estarán no escenario a formación tradicional Aikirindo, a música Lidia India, Os Parentes, Alana, CMirazo e Pappaquino.

Antes da noite de concertos, o público familiar –a partir das 17:00 h–, gozará cos malabares, o humor e outras habilidades circenses de Henriko Circo. E paralelamente, poderase aproveitar para ver os postos de artesanía así como tamén degustar propostas gastronómicas e hidratarse nos postos de bebidas.

Actividade de O Son da Aldea (arquivo). Foto cedida

Un festival, feito nunha contorna rural e en galego, que reivindica a descentralización da cultura para darlle a visibilidade que merecen as nosas aldeas.

Ademais de empresas locais fan posible a organización deste evento a Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Pantón. O cartel foi obra da empresa local Estudio Gnomo.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...