Os balcóns da Casa Consistorial están decorados desde o pasado día 23 coa bandeira símbolo de liberdade, diversidade e dereitos, que representa a todas as persoas que durante décadas loitaron para que hoxe a sociedade sexa mais xusta. Ademáis desta iniciativa, levarase a pleno o próximo luns 29 de xuño unha Declaración Institucional co motivo do Día Internacional do Orgullo, como reafirmación do compromiso institucional do Concello de Monforte coa igualdade efectiva e o respecto á diversidade afectivo-sexual.
As bandeiras permanecerán penduradas ata o martes 30 de xuño. Con todo o Concello de Monforte manifesta o seu compromiso pola igualdade, a liberdade e a diversidade e o seu rexeitamento ás discriminacións dirixidas a calquera persoa pola súa condición sexual, “No noso concello non ten cabida a LGTBIfobia, sendo unha obriga de todas as institucións a defensa dos dereitos das persoas LGTBIQ+”.
Desde o equipo de goberno aseguran que, “É fundamental afondar na educación da cidadanía sobre diversidade sexual, a través de programas de concienciación e sensibilización que acheguen información á veciñanza e de actos simbólicos coma os que celebramos”.

