HomesociedadeA Casa da Cultura de Monforte acolle este 2 de xullo unha...

A Casa da Cultura de Monforte acolle este 2 de xullo unha conferencia sobre a eclipse solar do 12 de agosto

A conferencia divulgativa, que comezará ás 20:15h con entrada libre e gratuíta, correrá por conta da doutora en Astrofísica Lucía González Cuesta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade está organizada conxuntamente polo Concello de Monforte de Lemos e a Deputación Provincial de Lugo e ten como principal obxectivo achegar á cidadanía os coñecementos, a información e as ferramentas necesarias para contemplar a eclipse con total seguridade.

Durante a sesión abordaranse os aspectos básicos sobre as eclipses solares, as fases e horarios do fenómeno do 12 de agosto, os mellores lugares para a súa observación e os materiais homologados que deben empregarse para protexer a vista. Así mesmo, analizarase a importancia cultural e histórica deste tipo de acontecementos astronómicos. Os asistentes ao evento recibirán tamén unhas gafas especiais para poder observar a eclipse de forma segura.

A sesión estará dirixida pola doutora en Astrofísica Lucía González Cuesta, quen realizou a súa tese no Instituto Astrofísica de Canarias (IAC). Licenciada en Física pola Universidade de Oviedo e cun Máster en Astrofísica pola Universidade da Laguna, conta cunha ampla traxectoria no ámbito da divulgación científica, especialmente a través do seu proxecto Allande Stars, centrado na difusión da astronomía en contornos rurais.

Na actualidade combina a súa actividade investigadora e divulgativa con colaboracións en medios de comunicación e distintas iniciativas de promoción da ciencia, sendo ademais recoñecida con diversos premios pola súa labor neste eido, como o Premio Mellor Star Up 2023, concedido polo Banco Sabadell e Prensa Ibérica; ou o galardón Muller Rural 2024, da Rede de Desenvolvemento Rural de Asturias (READER), entre outras distincións.

O alcalde de Monforte, José Tomé, anima á veciñanza a participar nesta actividade para descubrir todas as claves dun fenómeno astronómico histórico que situará Galicia, “e especialmente Monforte, como un dos puntos privilexiados para a súa observación”.

ÚLTIMAS

Por Chantada presenta unha moción para a preservación da empanada do municipio

Por Chantada explica na moción presentada no concello, que nas últimas décadas e coa...

“Juana I de Castilla”, unha obra teatral da compañía rioxana ‘Nueve Lunas Teatro’ en Sarria

A compañía rioxana Nueve Lunas Teatro trae a Sarria este domingo 27 de setembro...

O 29 de setembro remata o prazo para matricularse nun novo curso da Escola de Música Samoeiro

A Escola Samoeiro leva dezaoito anos en activo, aglutinando arredor da música e do...

A UNED Sénior de Sarria celebra 12 anos coa graduación de 40 estudantes

O acto serviu para recoñecer o traballo realizado durante o curso e, ao mesmo...