HomePolíticaPor Chantada pide nunha moción a creación dunha Mesa Local pola Inclusión...

Por Chantada pide nunha moción a creación dunha Mesa Local pola Inclusión e dun Plan Municipal de Integración

"O concello de Chantada, como parte dunha sociedade diversa e en constante movemento -di Por Chantada- vén experimentando un incremento da presenza de persoas migrantes que achegan riqueza cultural, social e económica á nosa comunidade. E a inclusión plena destas persoas debe ser un obxectivo compartido polas institucións públicas".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A agrupación entende que a veciñanza migrada ocupa os traballos máis precarios, sofre máis vulneración de dereitos e ten menos voz e menos oportunidades. No caso de Chantada aseguran que “déronse casos de persoas migrantes que foron encausadas por distintos delitos o que facilitou o espallamento do discurso do odio e a criminalización. Un siloxismo populista e moi simplista, onde o claro é que a pobreza e a marxinación propician ás condutas antisociais”.

Por Chantada alude, nese senso, a unha motivación de prevención, xa que “a exclusión non se resolve con control administrativo, senón con integración real, participación e igualdade de oportunidades, que reducen o conflito, a desinformación e a vulnerabilidade”. E citan lexislación autonómicas, como a Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia que contempla programas de acollida e inclusión, ou a Lei 10/2021, do 13 de maio, de inclusión social de Galicia; así como estratexias europeas e estatais que instan ás administracións locais a promover políticas activas que favorezan a igualdade de oportunidades, a participación cidadá e o acceso equitativo aos servizos públicos.

A moción inclúe a creación dunha Mesa Local pola Inclusión e o desenvolvemento dun Plan Municipal de Integración con medidas básicas como facilitar a aprendizaxe da lingua galega, divulgación e sensibilización en materia de convivencia e integración e na actividade deportiva (a moción propón expresamente trasladar unha queixa formal á Federación Galega de fútbol e aqueloutras que impidan o acceso a calquera menor por mor da situación administrativa de estranxeiría das súas familias); ou a contratación dunha persoa formada como axente de integración ou mediación intercultural.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...