HomePolíticaO PP de Monforte insiste na súa posición en contra da Ponte...

O PP de Monforte insiste na súa posición en contra da Ponte do Malecón e acusa ao BNG “de manipulación buscando rédido político”

Katy Varela lamenta as acusacións do deputado Iago Suárez e recórdalle que o único responsable do planeamento de mobilidade e das obras que executa o goberno local de Monforte é José Tomé, “esa persoa acusaoda de presunto acoso sexual e que é o socio imprescindible de BNG e PSOE para manter a Deputación de Lugo”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira do Grupo Municipal do PP de Monforte, Katy Varela, lamenta a actitude do deputado autonómico do BNG, Iago Suárez, quen durante a súa intervención na Comisión 2ª de Infraestruturas “nomeou ata en tres ocasións ao PP de Monforte co único obxectivo de intentar responsabilizarnos, de xeito infundado, dunha suposta connivencia na construción da nova ponte no Paseo do Malecón”.

Katy Varela cualifica de “intolerable esta manipulación” e recorda que a postura do PP foi sempre de total rexeitamento a esta infraestrutura. “Consideramos que non é a solución adecuada para resolver o problema do tráfico nin no paseo do Malecón nin na Ponte Medieval”, lembra.

A voceira popular en Monforte tamén rexeita as insinuacións do BNG “que buscan sementar dúbidas sobre a obxectividade dos técnicos que realizaron os informes”. A este respecto, asegura que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural actúa con responde e exclusivamente con criterios técnicos.

Katy Varela recorda que “A responsabilidade de construír esta ponte é única e exclusiva do alcalde de Monforte, esa persoa investigada por presunto acoso sexual é que é o socio necesario do BNG e do PSOE na Deputación de Lugo, polo que calquera dúbida poden preguntarlla directamente a el, co que no BNG teñen fío directo”.

“O que fixo hoxe o BNG foi amosar a súa estratexia de buscar rédito político xunto co PSOE, co único obxectivo de artellar un pacto entre ambos para impedir que o Partido Popular goberne a cidade de Monforte”, conclúen os populares.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...