HomeSucesosDous detidos por transportar MDMA, cocaína e haxix ocultas no seu vehículo...

Dous detidos por transportar MDMA, cocaína e haxix ocultas no seu vehículo no Páramo

Os detidos, veciños de Ourense, de 18 e 20 anos, xunto coas dilixencias instruídas foron postos a disposición xudicial.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a dúas persoas como presuntas autoras dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de drogas, tras intervirlle no vehículo no que viaxaban MDMA, cocaína e haxix, no municipio lucense do Páramo.

Segundo informou o Instituto Armado nun comunicado, os feitos sucederon a pasada semana, durante un control preventivo da Unidade de Seguridade Cidadá (USECIC), establecido no punto quilométrico 13 da estrada CG-2.2.

Os axentes identificaron os ocupantes dun turismo e realizaron un rexistro superficial do vehículo e localizaron, ocultas baixo o asento do acompañante 340 pastillas de cor gris escuro, supostamente MDMA, co anagrama dunha caveira tipo ‘reaper’, unha bolsa con 12 gramos dunha sustancia de cor branca, supostamente cocaína, e cinco gramos de haxix.

Así as cousas, os investigadores consideran que os detidos dirixíanse á cidade de Lugo para entregar as sustancias estupefacientes, para supostamente distribuílas polo miúdo.

Os detidos, veciños de Ourense, de 18 e 20 anos, xunto coas dilixencias instruídas foron postos a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

O ‘Festival do Viño da Ribeira Sacra’ consolídase como escaparate do sector vitivinícola

O pasado venres 3 de xullo comezaba no Paseo do Malecón o VIII Festival...

Segredos de Pantón anuncia os roteiros escollidos para ‘Cultiva Cultura’

Tras anunciar días atrás a súa estratexia de promoción do territorio con roteiros de...

A Deputación impulsa a posta en valor das instalacións turísticas dos Chancís, Augas Mestas e Maiorga

A iniciativa busca atraer proxectos sólidos que permitan aproveitar todo o potencial destes espazos,...