HomesociedadeDo 18 de xullo ao 30 de agosto retómase o servizo de...

Do 18 de xullo ao 30 de agosto retómase o servizo de lanzadeiras na Ribeira Sacra

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra retoma un ano máis os servizos gratuítos de lanzadeira turística durante a tempada alta, como ferramenta para favorecer unha mobilidade máis sostible, facilitar o acceso a recursos de elevada afluencia e reducir a presión do vehículo privado en zonas con problemas recorrentes de estacionamento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O 18 de xullo entrarán en servizo as seguintes lanzadeiras que teñen carácter gratuíto e funcionarán ata o 30 de agosto.

  • Monforte de Lemos – Doade – Embarcadoiro de Ponte do Sil
  • Castro Caldelas – Abeleda – Embarcadoiro de Abeleda
  • Escairón – Arxeriz – Praia da Cova
  • Chantada – Belesar – Portotide – Praia da Cova

A principal novidade deste ano é a incorporación dunha nova parada en Portotide na lanzadeira Chantada – Belesar – Praia da Cova, unha liña posta en marcha o pasado ano que permite conectar Chantada co embarcadoiro de Belesar e cun dos espazos fluviais máis concorridos do verán en Ribeira Sacra. A Praia da Cova contará, ademais, co servizo de traslado habitual desde Escairón, con parada en Arxeriz. As lanzadeiras con destino Praia da Cova funcionarán ata o 6 de setembro, en venres, sábados, domingos e festivos.

As reservas de praza atópanse habilitadas na web do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra: https://turismo.ribeirasacra.org/gl/lanzadeiras-veran-2026  

Desde o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra recoméndase reservar praza con antelación e non deixalo para o mesmo día da visita, xa que a dispoñibilidade pode verse limitada en función da demanda.

Estes servizos dan continuidade ás probas piloto iniciadas en anos anteriores no marco das actuacións de mobilidade turística sostible impulsadas en Ribeira Sacra. A súa posta en marcha este verán, ao igual que en 2025, é posible grazas ao convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, que permite manter unha medida xa testada como ferramenta útil para ordenar os fluxos turísticos e mellorar a experiencia das persoas visitantes. Nesta ocasión, tamén a Deputación de Lugo colabora no reforzo da lanzadeira ao Embarcadoiro de Ponte do Sil, a máis demandada, e que amplía o número de frecuencias para tratar de dar unha mellor cobertura.

Pola súa banda, o Concello de Parada de Sil mantén en funcionamento dende o 1 de xullo, e ata o 13 de setembro, o servizo de lanzadeira obrigatorio ao mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. O custe nese caso é de 3€, incluíndo a entrada ao monumento. Sobre a lanzadeira ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil informarase proximamente.

Lanzadeira Santo Estevo / Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...