HomesociedadeCasa Moreiras e Viña Vella, mellores tinto e branco do 2025 na...

Casa Moreiras e Viña Vella, mellores tinto e branco do 2025 na Cata de viños da Ribeira Sacra

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra celebrou este venres, no Hotel Iberik Augas Santas Balneario & Golf de Pantón, a entrega de premios da XXX Cata dos Viños da Ribeira Sacra, o concurso oficial que cada ano recoñece a excelencia dos viños elaborados ao abeiro da denominación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto contou coa presenza da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, quen fixo entrega da Medalla de Ouro da categoría de Viños Tintos; do presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, D. Antonio Lombardía Crespo e de representantes institucionais, alcaldes da comarca, membros do sector vitivinícola e adegas da denominación.

“A Ribeira Sacra pasou de ser un tesouro coñecido sobre todo polos galegos a converterse nun referente internacional da viticultura heroica”, afirmou a conselleira, que se comprometeu en nome do Goberno galego, a seguir apoiando esta DO porque, “porque significa apoiar emprego, riqueza e futuro no rural”. Así mesmo, reiterou o apoio á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Unesco, algo que ademais, “é un motivo de orgullo para toda Galicia”, salientou. Deste xeito, engadiu a conselleira, recoñécense séculos de esforzo, de respecto pola terra e dunha viticultura heroica que fai deste territorio un lugar “único no mundo”.

Este acto permitiu tamén celebrar os primeiros 30 anos da Denominación de orixen Ribeira Sacra que en verbas do seu presidente, Antonio Lombradía, “Trinta anos que son, sobre todo, un logro común. Un soño compartido que conseguiu que unha denominación de viño dese nome a todo un territorio; un territorio que se recoñece nel, que comparte unha cultura, uns ríos que nos unen e unhas esperanzas postas nun próspero futuro”.

Nesta trixésima edición participaron 22 adegas, que presentaron un total de 64 mostras: 21 viños tintos, 17 viños brancos e 26 viños doutras colleitas. Tras o proceso de selección desenvolvido mediante catas completamente ás cegas e supervisadas polo notario de Monforte de Lemos, o panel de cata do Consello Regulador determinou o seguinte palmarés:

Viños Tintos. Colleita 2025

  • Medalla de Ouro. Casa Moreiras – Casa Moreiras S.L.
  • Medalla de Prata. Promine Singular – Bodegas Petrón S.L.
  • Medalla de Bronce. Campaza – Casa Moreiras S.L.
Entrega premio a Casa Moireiras / Consellería Medio Rural

Viños Brancos. Colleita 2025

  • Medalla de Ouro. Viña Vella – S.A.T. Virxen dos Remedios
  • Medalla de Prata. Peza do Rei – Adega Cachín S.C.
  • Medalla de Bronce. Pasal de Esile – Bodegas Rectoral de Amandi S.A.U.

Viños doutras Añadas

  • Medalla de Ouro. Vel`uveyra  – Mencía Rosado 2024 – Ronsel do Sil S.L.
  • Medalla de Ouro. Sollio – Mencía Barrica 2024 – Juan Alberto Alvarez Rodríguez
  • Medalla de Ouro. 1904 Mater Granite – Branco Summum Garda 2022 – Adega Vella Xeracións S.L.

Os galardóns consisten en medallas de ouro, prata e bronce nas categorías de viños tintos e viños brancos, e ata tres medallas de ouro na categoría de viños doutras colleitas. Cada premio vai acompañado dun trofeo exclusivo elaborado en barro polo artesán José Elías González Prieto, do Centro Oleiro de Gundivós, unha peza que simboliza a tradición oleira da Ribeira Sacra e a estreita vinculación entre o territorio, o patrimonio e a viticultura.

A XXX Cata dos Viños da Ribeira Sacra reafirma o compromiso do Consello Regulador coa promoción da calidade, da excelencia e do traballo desenvolvido polas adegas inscritas na Denominación de Orixe, consolidándose como un dos certames de referencia do sector vitivinícola galego.

Entrega premios Cata RS 2026 / Consellería Medio Rural

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...