HomesociedadeO taller mecánico DND abre as súas portas no Polígono do Reboredo

O taller mecánico DND abre as súas portas no Polígono do Reboredo

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, asistiu o 10 de xullo, á inauguración do taller mecánico DND no Polígono Industrial do Reboredo, unha empresa integrada por tres socios que amplía a actividade profesional na principal área empresarial de Monforte

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde manifestou a súa satisfacción pola posta en marcha desta nova iniciativa que, indica, “contribúe ao crecemento do Polígono do Reboredo e demostra o atractivo destas instalacións para a implantación de novos negocios”. De feito, engade, “este taller inaugúrase o mesmo día que desde o Concello puxemos en servizo o novo aparcamento do Polígono Industrial do Reboredo, unha infraestrutura moderna e segura con capacidade para 17 camións e 64 turismos”.

Neste senso, o Alcalde reitera o compromiso coa mellora permanente das infraestruturas do Polígono Industrial do Reboredo, que constitúe un dos principais motores económicos de Monforte e da comarca. “Cada investimento que realizamos neste espazo contribúe a facelo máis atractivo para a implantación de novas empresas, a consolidar as que xa desenvolven aquí a súa actividade e, en definitiva, a favorecer a creación de riqueza e de emprego”, afirmou.

ÚLTIMAS

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...