HomesociedadeBaixo Zero, grupo de música revelación da Ribeira Sacra, de concerto en...

Baixo Zero, grupo de música revelación da Ribeira Sacra, de concerto en Ribas de Sil  

O grupo, que actúa o sábado 18 de xullo na terraza do Restaurante Las Vegas, asegura festa e divertimento con grandes hits do pop-rock nacional e galego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A terraza de Las Vegas, en San Clodio (Concello de Ribas de Sil), acollerá o vindeiro sábado 18 de xullo a partir das 23:00 h o concerto dunha banda revelación na Ribeira Sacra, Baixo Zero. Comezaron a tocar versións en salas e pequenos eventos mais agora xa se moven por festas e grandes eventos cun camión-escenario que os coloca xa noutra dimensión.

Xente nova, con calidade e cunha posta en escena que convida á festa seguindo a súa selección de grandes hits do pop-rock nacional pero tamén galego, algo que os caracteriza con popurrís cheos de enerxía.

A terraza de Las Vegas organiza dende hai varios anos un programa de música en vivo e festas para ofrecerlle á súa clientela nun espazo que é referente na contorna para desconectar e disfrutar en boa compañía e á fresca.

BAIXO ZERO

O grupo formouse a finais do 2023, “grazas a axuda de Arturo e David da Sala Buril de Sarria, que nos facilitou o uso desa sala para ensaiar”, comentan dende o grupo. Comezaron tocando versions rock en salas de galicia e pequenos eventos e no 2025 enfocáronse máis na verbena adquirindo un camion-escenario, aumentando o repertorio e recorrendo tamén a cancions máis populares.

O seu repertorio é moi variado tocando principalmente os maiores exitos do pop rock español das ultimas decadas (Hombres G, M Clan, Fito y Fitipaldis, Radio Futura…), ademais dun popurrí de temas en galego moi coñecidos (Heredeiros da Crus, Siniestro Total, The Rapants…).

O grupo esta formado polos seguintes compoñentes: Andrés López, Batería, do Saviñao; Abel González, Baixo, de Sober; Miguel López, Guitarra, do Saviñao; Luis Alfonso Rodríguez, Guitarra, de Monforte; e Andrea Parada, Vocalista, tamén de Monforte.

Compoñentes de ‘Baixo Zero’. Foto do grupo.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...