HomesociedadeMonforte instalará na Praza de España unha pantalla xigante para a final...

Monforte instalará na Praza de España unha pantalla xigante para a final do Mundial

A pantalla, de 6 metros de largos por 3 de alto (18m2), 270”, estará situada na céntrica Praza de España, na parte de arriba das escaleiras, diante do Cruceiro, para que todos os asistentes teñan visibilidade. Será un acto aberto a todas as persoas interesadas, ata completar o afora da propia Praza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte instalará unha pantalla xigante na Praza de España o próximo domingo, 19 de xullo, a partir das 21.00 horas, para ver a final da Copa Mundial de Fútbol 2026, na que xogarán a Selección Española e Arxentina.

O rexedor, José Tomé, asegura que “Monforte disporá dun punto de encontro para os afeccionados de fútbol que desexen ver o partido final do Campionato do Mundo”, e convida a toda a veciñanza a achegarse en familia ou con amigos para desfrutar dunha final histórica.

O alcalde espera que se poida repetir a vitoria “que xa celebramos cunha pantalla xigante na final da Eurocopa en xullo de 2024”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...