Homesociedade27.000€ da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para melloras no campo de...

27.000€ da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para melloras no campo de fútbol do Baliño en Pantón

As actuacións desenvolveranse tanto no campo principal, de herba natural, como no anexo, de céspede artificial, actuando nas zonas máis deterioradas e mellorando as condicións dun dos espazos deportivos de referencia no concello e sede do Ferreira CF.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A área de Deportes achegará 27.000 euros para executar estas melloras, que se desenvolverán no marco dun convenio interadministrativo co concello. Efrén Castro confirmou a colaboración da institución provincial neste proxecto de mellora durante unha visita a este recinto deportivo, este 16 de xullo.

O responsable provincial destacou que “os investimentos en instalacións complementan o apoio que desde a Vicepresidencia da Deputación se presta ao tecido deportivo de base e afeccionado, a través das subvencións de concorrencia competitiva destinadas ao gastos de actividade dos clubs e entidades deportivas e de competicióms especificas como as Copas Deputación” .

Publicación no BOP da resolución provisional das axudas a clubs e entidades deportivas

Este xoves publicouse no Boletín Oficial da Provincia a resolución provisional das axudas de concorrencia competitiva para clubs e entidades deportivas, que contan cun orzamento de 660.000 euros.

A resolución contempla 224 axudas concedidas para gastos vinculados coa actividade competitiva, con contías que oscilan entre os 800 e os 6.000 euros dacordo cos criterios establecidos nas bases, referidos ao rendemento deportivo (ascensos de categoría, resultados en campionatos estatais ou internacionais,..), á incidencia social do club (número de licenzas federativas e/ou equipos en relación co número total de cada disciplina), ao ámbito territorial, aos anos de creación da entidade ou ao persoal contratado. Coa publicacióm da resolución provisional, ábrese un prazo de dez días para que os interesados poidan presentar alegacións

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...