HomeCulturaAgrosensualia, unha exposición diferente que chega a unha perruquería de Bóveda

Agrosensualia, unha exposición diferente que chega a unha perruquería de Bóveda

A artista A Flaira presenta "Agrosensualia", unha nova exposición de pintura que convida ao público a descubrir unha interpretación artística da sensualidade inspirada na observación da paisaxe, da natureza e das celebracións pagáns.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Agrosensualia” reúne unha selección de obras realizadas no seu Atelier do Incio onde a nudez e a paisaxe dialogan desde unha mirada íntima e contemporánea. A través de tinta, acuarela, acrílico e óleo sobre papel e lenzo, a artista constrúe un universo visual no que o corpo, o territorio e a simboloxía da natureza se entrelazan nunha mesma narrativa.

A mostra poderá visitarse do 15 de xullo ao 31 de setembro na perruquería Noelia Castro, situada na avenida Alfonso XIII de Bóveda. Esta intervención artística ofrece un percorrido por imaxesnacidas da observación do medio rural e das tradicións vinculadas ao ciclo da natureza, reinterpretando elementos do imaxinario popular desde unha linguaxe artística persoal. As figuras femininas, presentes en boa parte das obras, convértense nunha metáfora da conexión entre o corpo, a terra e os ritmos naturais.

“Crear desde O Incio permíteme mirar o mundo sen as présas nin as interferencias das cidades. A arte precisa de espazos vivos como o salón de Noelia, en Bóveda, explica a propia artista. Un proxecto pensado para integrarse no día a día da comunidade. A Flaira engade: “Quero que a miña obra dialogue co que somos, co que facemos cada día e que a beleza e a reflexión medren no cotián, de forma tan orgánica e efémera como o propio paso do tempo.”

A elección da perruquería Noelia Castro como espazo expositivo responde á vontade de achegar a arte á vida cotiá, convertendo un establecemento de proximidade nunlugar de encontro coa creación contemporánea e favorecendo o acceso á arte nun contexto diferente ao dos espazos expositivos tradicionais.

Con esta nova acción, A Flaira consolida o rural como parte viva da arte. A súa proposta pon en valor a perruquería como un escenario de arte efémero e reivindica a importancia dos negocios de proximidade como espazos fundamentais para a axitación cultural, a innovación e a reconexión social no territorio.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...