HomeSucesosAccidente de tráfico grave en Samos

Accidente de tráfico grave en Samos

Unha persoa resultou ferida grave e tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Sarria.

Publicado o

- Advertisement -

O vehículo no que viaxaba pola estrada LU-633 envorcou á altura da localidade lucense de Samos. Tal como informou o 112 Galicia, o accidente ocorreu pasados uns minutos das 14:30 horas deste luns, cando varios particulares alertaron aos servizos de urxencias de que un coche se accidentara no quilómetro 44 da LU-633.

Ademais da intervención dos Bombeiros de Sarria para liberar á persoa do interior do turismo, foi necesaria a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense para trasladar ao ferido “debido á gravidade das lesións ocasionadas”.

Os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias ( CIAE) puxéronse en contacto co 061- Urxencias Sanitarias, cos Bombeiros de Sarria e cos axentes de Tráfico. Ademais, solicitaron a colaboración do persoal do servizo de mantemento da estrada para a limpeza da vía.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...