HomeCulturaLoli Rodríguez, orixinaria de Torbeo, gañadora do II Premio Trevo de Narrativa...

Loli Rodríguez, orixinaria de Torbeo, gañadora do II Premio Trevo de Narrativa en Galego

O fallo fíxose público o día 21 de xullo, dando a coñecer que 'Nailía' era a novela distinguida neste certame.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O alcalde e o Concello de Ribas de Sil vén de expresar a súa máis sincera felicitación á escritora Loli Rodríguez Rodríguez, nacida en Torbeo, pola concesión do II Premio Trevo de Narrativa en Galego 2026 pola súa novela Nailía.

O 19 de xullo, o xurado reuniuse en Santiago de Compostela para escoller a obra gañadora entre as cinco finalistas e o fallo fíxose público o 21 deste mesmo mes. Os membros do mesmo destacaron a riqueza da súa linguaxe, “a autenticidade da súa voz narrativa e a forza coa que recrea un universo literario profundamente enraizado e cheo de credibilidade”. Este novo recoñecemento chega despois de que Nailía obtivese tamén o Premio Torrente Ballester de Narrativa en Galego 2024, consolidándose como unha das novelas galegas máis destacadas dos últimos anos.

“Para o noso concello é un motivo de especial satisfacción que unha autora nacida en Torbeo continúe acadando importantes éxitos literarios e leve con orgullo o nome da nosa terra alí onde chega a súa obra”, recoñecía Roberto Castro, rexedor de Ribas de Sil, ao tempo que lle facía chegar á gañadora “os mellores desexos e parabéns polo merecido galardón”.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...