HomeMedio ambiente e PatrimonioO Concello de Chantada é pioneiro no tratamento da fitóftora que seca...

O Concello de Chantada é pioneiro no tratamento da fitóftora que seca os amieiros

O Concello de Chantada, a través da brigada de Parques e Xardíns, está aplicando nesta tempada un novidoso tratamento para previr e sandar os amieiros con síntomas de seca, que aparecen no Paseo Fluvial do Asma.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo sinala o alcalde, Manuel Lorenzo Varela, “levamos tempo detectando que estas especies do cauce do río Asma comezaban a secar e iniciamos os trámites para poder comezar a dar este tratamento innovador, non invasivo, co que esperamos seguir conservando no mellor estado posible este pulmón verde da nosa vila”.

Os amieiros obxecto de tratamento atopábanse con síntomas de fitóftora, con decaemento, partes secas e deterioración en xeral. Segundo o informe técnico solicitado polo Concello de Chantada, a un enxeñeiro local que traballa con produtos que combaten distintos tipo de enfermidades.

“Isto supón un risco pola caída de ramas secas na zona, dado que hai transito diario de persoas, e alén diso a longo prazo supón que a zona quede espida de vexetación, aumentando o risco de erosións e accidentes derivados das crecidas como caídas de muros, cárcavas, e mesmo danos nas infraestruturas”, recolle o informe.  

O procedemento iniciado polo Concello de Chantada conta co respaldo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e da Confederación Hidrográfica Miño Sil, cuxos técnicos marcaron as árbores nas que se fai o tratamento; traballando tanto con plantas sanas como danadas para poder avaliar a súa eficacia, tanto para previr a enfermidade como para recuperar a planta.

Tratamento innovador seca amieiros / Concello de Chantada

O procedemento faise por endoterapia, que consiste en taladrar superficialmente as árbores para que elas mesmas absorban a fertilización a través do zume. Despois de que a árbore colla a fertilización péchase a ferida de cicatrización. Actúase nunhas 200 árbores que quedan identificadas cunha chapiña para que os técnicos da CHMS en colaboración co Concello poidan facer o control da evolución do tratamento.

“Estamos repoboando e tamén centrándonos na conservación das plantas que temos, polo que decidimos investir neste procedemento co que esperamos obter resultados positivos para manter os nosos espazos verdes nas mellores condicións”, asegura o rexedor.

Tratamento innovador seca amieiros / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...