HomeCulturaA directora xeral de Xuventude visita o campamento Adventure Camp no Centro...

A directora xeral de Xuventude visita o campamento Adventure Camp no Centro Peares de Inmersión Lingüística, en Carballedo

A representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude visitou esta semana aos participantes no campamento Adventure Camp no Centro Peares de Inmersión Lingüística, en Carballedo (Lugo).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lara Meneses coñeceu a primeira quenda das tres coas que conta esta iniciativa que ofrece un total de 180 prazas. Esta actividade ofrece á cativada propostas en inglés coma xogos de educación ambiental, un obradoiro radiofónico e cinematográfico, técnicas de orientación e supervivencia ou rutas de interpretación ambiental pola contorna.

A modalidade de campamentos concentra a maioría da oferta da campaña Modo Verán Activo. Trátase dunha iniciativa destinada a nenos e nenas de entre 9 e 17 anos, e que este ano conta con 8.050 prazas repartidas en 36 instalacións. Compleméntase cos minicampamentos Coñece Galicia, unha modalidade que permite ofrecer unha proposta lúdico formativa en espazos naturais cunha duración de cinco días, que este ano chegan ás 876 prazas.

Tamén se lle dá continuidade ao paquete de actividades de ocio educativo, alternativo e saudable para persoas de 18 a 30 anos, que ofrece 160 prazas, e aos campos de voluntariado, destinados a persoas maiores de 18 anos, que incrementan as súas prazas nesta convocatoria ata as 815 entre Galicia, outras Comunidades Autónomas e o estranxeiro. Ademais desta oferta directa, con 1.270 prazas a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude tamén inclúe na súa campaña de verán o uso das instalacións xuvenís por parte de asociacións, entidades prestadoras de servizos á mocidade, escolas de tempo libre, corporacións locais e outras entidades públicas ou privadas que leven a cabo plans relacionados cos mozos e mozas

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...