HomeCulturaMostra dos carteis presentados ao XXI Concurso das Festas Patronais 2026 de...

Mostra dos carteis presentados ao XXI Concurso das Festas Patronais 2026 de Monforte

A exposición está conformada por 40 deseños que concorreron no certame deste ano e poderá verse na Casa da Cultura Poetsa Lois Pereiro de Monforte ata o 24 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte vén de abrir ao público na Casa da Cultura a exposición dos traballos presentados ao XXI Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais 2026. Na inauguración estivo presente a Concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude, Marina Doutón e a mostra poderá visitarse ata o 24 de agosto.

O traballo gañador desta edición, obra da veciña do Saviñao Jessica Denise Bazaes Latrille e presentado baixo o pseudónimo “Luz da Fada”, foi merecedor de 1.000 euros de premio e encabezará a exposición devandita. “A súa proposta foi escollida entre un total de 40 traballos presentados, o dobre que en 2025, sendo esta edición a máis participativa, con notable diferenza, dos últimos anos”, lembran dende o concello.

Dos 40 traballos recibidos os monfortinos e as monfortinas presentaron un total de 30 deseños. Os 10 restantes chegaron de diferentes localidades de Galicia e do conxunto da xeografía nacional. Concretamente, de Cambados, A Coruña, Melide, O Saviñao e A Pobra do Brollón, en Galicia; e de Madrid, Paracuellos del Jarama (Madrid), Cartagena (Murcia), León (Castilla y León) e Arre (Navarra).

Esta exposición forma parte das actividades do Programa das Festas Patronais e do Verán Cultural de Monforte.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...