O Concello de Pantón presenta o programa das Festas Patronais de Ferreira de Pantón que se desenvolverán do 22 ao 24 de agosto. As Festas na honra a Santa María de Ferreira inclúen actividades como a tradicional sesión vermú en diversos locais e prazas, celebracións relixiosas e entretemento para a infancia.
Programa Festas Ferreira de Pantón
Sábado, 22 de agosto:
• 11:30h. Sesión vermú polos bares de Ferreira.
• 14:00h. Sesión vermú na praza de Goián.
• 21:30h. Gran Festa nocturna co Grupo Cabaret e o Grupo Claxxon. Para o final de festa contarase con DJ Braij GZ
Domingo, 23 de agosto:
• 11:30h. Sesión vermú polos bares de Ferreira.
• 13:00h. Misa solemne acompañada pola Coral Xeada.
• 14:00h. Sesión vermú na praza de Goián.
• 17:30h. Infantilandia na Praza do Concello
• 21:30h. Gran Festa nocturna co Grupo América e Combo Dominicano
Día, 24 de agosto:
• 11:30h. Sesión vermú polos bares de Ferreira.
• 14:00h. Sesión vermú na praza de Goián.
• 17:30h. Infantilandia na Piscina Municipal.
• 21:30h. Gran Festa nocturna coas Orquestras Saudade e Tango
O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, anima á participación nas diferentes actividades, “Un ano máis, o mes de agosto reúnenos para celebrar unha das nosas datas máis sinaladas. Do 22 ao 24 de agosto invitámosvos a compartir a alegría destes tres días de festas. Ferreira abre as súas portas para celebrar os reencontros coa familia e descubrir o noso patrimonio e as nosas paisaxes”.


