HomesociedadeO queixo ‘Savel’ de Airas Moniz, premiado a nivel estatal

O queixo ‘Savel’ de Airas Moniz, premiado a nivel estatal

Foi galardoado nos premios Alimentos de España como mellor queixo 2026 na categoría de ‘Queixo madurado con mofos ou queixo azul’.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación vén de publicar no Boletín oficial del Estado (BOE), a orde de concesión dos premios Alimentos de España aos mellores queixos 2026, un galardón que recoñece a excelencia e calidade destes produtos españois.

Nesta décimo cuarta edición, os queixos galardoados nas cinco categorías a concurso foron:

Queixo madurado de vaca: Alcaidús, da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Mahón-Menorca, da sociedade Alcaidús, de Alaior (Illes Balears); Queixo madurado de ovella: Cremositos do Zújar, de Arteserena, de Campanario (Badajoz); Queixo madurado de cabra: Tío Resti, da DOP Queixo de Murcia ao Viño, de Especialidades Lácteas, de Caravaca de la Cruz (Murcia); Queixo madurado de mestura: Pajarete con manteiga e romeu, de Lopicomo, de Villamartín (Cádiz); e Queixo madurado con mofos ou queixo azul: Savel, de Airas Moniz, de Chantada (Lugo).

O Queixo madurado de ovella: Cremositos do Zújar, de Arteserena, de Campanario (Badajoz) obtivo a maior puntuación global entre os galardoados nas cinco modalidades, polo que recibiu tamén o premio especial Alimentos de España ao mellor queixo 2026.

O obxectivo deste premio é promocionar e dar visibilidade aos queixos de maior calidade e propiedades organolépticas, incentivar aos produtores para mellorar os seus procesos e posicionamento no mercado, á vez que se fomenta entre os consumidores o coñecemento e a valoración destes produtos.

A gala de entrega de premios celebrarase, como vén sendo tradicional, no outono.

QUEIXOS PARTICIPANTES E PROCESO DE SELECCIÓN

Nesta edición participaron 133 mostras procedentes de toda España, distribuídas en cinco modalidades: queixo madurado de vaca (26 mostras), queixo madurado de ovella (49), queixo madurado de cabra (23) queixo madurado de mestura (18) e queixo madurado con mofos ou queixo azul (17).

O proceso de selección incluíu unha rigorosa análise física-químico, microbiológico e das especies, así como unha valoración sensorial realizada por paneis de expertos catadores. Durante a valoración garantiuse en todo momento a trazabilidade e o anonimato das mostras.

Os premios Alimentos de España, creados en 1987, recoñecen a empresas e produtos que destacan pola súa calidade, innovación e contribución á gastronomía española.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...