HomesociedadeEste día 11 pola mañá entréganse gafas homologadas para a eclipse na...

Este día 11 pola mañá entréganse gafas homologadas para a eclipse na casa consistorial de Monforte

Os principais puntos de observación propostos polo Concello de Monforte son o Polígono Industrial do Reboredo, o Porto Seco e o entorno do conxunto monumental de San Vicente.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ante a elevada demanda da cidadanía de material de protección ocular para a observación da eclipse solar que terá lugar o vindeiro mércores 12 de agosto, o Concello de Monforte pon disposición dos veciños e veciñas gafas homologadas específicas para o seguimento seguro deste fenómeno astronómico.

As persoas interesadas poderán recoller as gafas de maneira gratuíta no vestíbulo da Casa do Concello, este martes, 11 de agosto, en horario de 9:30 a 13:30 horas, ata fin de existencias. Dende o Concello lémbrase a importancia de utilizar protección ocular homologada para observar a eclipse solar, evitando en todo momento mirar directamente ao Sol sen os medios adecuados, co fin de previr posibles danos na visión.

Monforte de Lemos atópase na franxa de totalidade da eclipse solar do 12 de agosto, polo que desde a cidade será posible observar o fenómeno na súa integridade, cunha fase de escuridade total de aproximadamente 41 segundos. Esta circunstancia fai prever unha importante afluencia de persoas interesadas en seguir este acontecemento excepcional.

Desde o Concello de Monforte recoméndase seguir en todo momento as indicacións de seguridade e empregar exclusivamente gafas homologadas para a observación da eclipse, contribuíndo así a desfrutar deste fenómeno único dun xeito seguro e responsable.

Dispositivo especial de tráfico en Monforte con motivo da eclipse

Segundo as previsións, a eclipse comezará a ser visible de forma parcial ás 19:32:32 horas. A fase de totalidade dará comezo ás 20:29:12 horas e rematará ás 20:29:53 horas, polo que o período de escuridade total terá unha duración de 41 segundos. O fenómeno finalizará ás 21:22:53 horas.

Tal e como indica a Policía Local, nos recintos do Polígono Industrial e no Porto Seco, polas súas dimensións e estrutura viaria, non se van adoptar medidas especiais, de xeito que o tráfico de vehículos e o estacionamento faranse conforme á sinalización existente en cada caso e ás normas de circulación. Non obstante, realizarase un control específico do tráfico nestes puntos e adoptaranse as medidas que resulten necesarias en función da afluencia de vehículos durante o desenvolvemento do evento.

No caso do acceso ao conxunto monumental de San Vicente, estableceranse medidas específicas debido á previsión dunha maior concentración de persoas e vehículos. Procederase á supresión completa do estacionamento en todo o tramo de subida desde o Campo da Virxe ata a Praza de Luis de Góngora y Argote. O estacionamento na propia praza manterase nas condicións habituais.

A partir das 18:00 horas, establecerase tamén circulación nun único sentido nas rúas Real e Santo Domingo. Deste xeito, os vehículos deberán subir pola rúa Real e baixar pola rúa Santo Domingo. Desde esa hora quedará prohibida a circulación en sentido ascendente por Santo Domingo desde a rúa Ricardo Quiroga e a Praza de España.

Así mesmo, desde as 18:00 horas e ata a finalización do evento, quedará prohibido o acceso rodado desde o Campo da Virxe ata a Praza de Luis de Góngora y Argote, agás para as persoas aloxadas no Parador, taxis e vehículos de servizos públicos oficiais.

ÚLTIMAS

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...