HomesociedadeA Deputación transferirá a Casona ao concello do Incio e axudará na...

A Deputación transferirá a Casona ao concello do Incio e axudará na súa rehabilitación

O alcalde Héctor Corujo agradece que a Deputación desbloquee a situación e recorda as xestións que o Goberno local ten levado a cabo para que isto sexa unha realidade. “Foi precisa moita insistencia para desbloquear esta débeda histórica cos veciños e veciñas, polo que cremos que camiñamos na boa dirección e que hoxe é un bo día para O Incio”, remarca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este martes, 11 de agosto, o alcalde do Incio mantivo unha reunión de traballo coa presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, para abordar diversos temas de interese para o municipio. Entre outras cuestións abordouse a situación na que se atopa a Casona da Cruz do Incio, propiedade da Deputación de Lugo e que leva anos á espera de rehabilitación.

A presidenta provincial trasladou o seu compromiso de transferir o inmoble ao Concello, así como o de achegar o importe comprometido para a súa rehabilitación, 250.000 euros. Trátase, segundo explica o rexedor, dunha gran nova para O Incio, despois de que o presidente da Xunta tamén manifestara o compromiso hai uns días de colaborar na súa rehabilitación “na mesma medida en que o faga a institución provincial de cara a recuperar o inmoble para convertelo nun espazo público aberto para os veciños e veciñas”.

Héctor Corujo explica que estes compromisos que veñen de trasladar ambos os mandatarios se van formalizar coa sinatura dos correspondentes convenios de colaboración, o paso previo para dar comezo ás obras.

Pta Deputación no Incio / Deputación Provincial

Carmela López supervisou tamén a actuación de pavimentación dos accesos ao núcleo de Viladecais, incluída no Plan Deputación 2025, e cun investimento de máis de 179.000€.

Na LU-P-2503, que conecta o Incio con Foilebar, está prevista unha actuación para mellorar a evacuación das augas superficiais; mentres que na LU-P-1306 que une Megoxe, Seceda e Ferrería de O Incio se están realizando labores de mellora no pavimento.

Carmela López que quixo coñecer a situación de primeira man, destacou que o mantemento e a mellora das estradas son tamén unha ferramenta para impulsar o desenvolvemento económico e social de O Incio, ao facilitar a mobilidade da veciñanza, mellorar a conexión entre os diferentes núcleos e favorecer o acceso ás explotacións, negocios e servizos.

ÚLTIMAS

600.000€ da Vicepresidencia da Deputación en 554 axudas para asociacións culturais

A resolución concede 554 axudas, 318 para a organización de actividades de interese cultural...

Cortan un tramo da N-120 próximo ás vilas de Quiroga e San Clodio

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostenible comezou o pasado luns 5 de outubro...

O Camiño de Inverno e o ceo Starlight de Chantada danse cita o 9 de outubro na xornada Ceo no Camiño

A iniciativa que forma parte da actividade astroturística do Concello de Chantada está financiada...

Chantada comeza as obras de rehabilitación do edificio da Academia como nova Casa Consistorial

Este luns, 5 de outubro, asinouse a acta de replanteo que permitirá comezar coas...