HomesociedadeComeza a mellora da estrada provincial entre Sober e Doade

Comeza a mellora da estrada provincial entre Sober e Doade

A Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de mellora de sete quilómetros da LU-P-5903, a estrada que conecta Sober e Doade, cun investimento de 185.000€. A actuación reforza a aposta da institución provincial pola mellora das infraestruturas que contribúen ao desenvolvemento económico e turístico da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos dos que se encarga Fevisa Vías y Obras SL contan cun prazo de execución de dous meses e comezaron este martes coa limpeza de cunetas. A actuación permitirá rehabilitar o primeiro tramo da vía, entre os puntos quilómetros 1,3 e 8, mellorando de maneira integral as condicións da vía.

Concretamente, as obras contemplan ademais da mellora da drenaxe, o saneo da explanada, a reparación dos desperfectos existentes e a repavimentación.

Esta é unha vía especialmente relevante para Sober e para o conxunto da Ribeira Sacra, xa que facilita o acceso a miradoiros, adegas e explotacións vitivinícolas, conectando recursos turísticos e produtivos que son fundamentais para a economía local.

Nos últimos seis anos, a Deputación de Lugo leva investidos máis de 700.000€ na mellora dunha vía que ten moita importancia para a provincia, por dar servizo á veciñanza, facilitar o acceso de visitantes e profesionais. Un investimento que é proba do compromiso da institución provincial coa mobilidade da Ribeira Sacra, apostando por infraestruturas que axudan a vertebrar o territorio e que son fundamentais para que a economía local poida seguir medrando.

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...