O obxectivo deste ciclo de concertos é dar visibilidade e proxección ás bandas de música local ofrecendo aos artistas monfortinos un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante o público. “Queremos que os grupos monfortinos sexan os protagonistas e que a veciñanza teña a oportunidade de descubrir e desfrutar da música que se fai na nosa propia cidade”, indica o alcalde, José Tomé. Deste xeito, a programación funciona como un punto de encontro entre os músicos locais e a veciñanza, ao tempo que contribúe a dinamizar a actividade cultural de Monforte.
O certame abriuse na Praza de España coa participación dos grupos Seginda Parte e Rockin’kb e continuará con cinco xornadas máis ata o xoves, 27 de agosto.
Este mércores continúan os concertos tendo como escenario a Praza da Estación onde actuará Nectarine Soul ás 22:30h. O concerto de Cero2cero previsto para as 00:00, cancélase por falecemento dun familiar dun dos integrantes. A axenda complétase coas seguintes actuacións:
XOVES 20 DE AGOSTO
- 22:30h PRAZA DA COMPAÑÍA GALGA BLUES BAND
- 00:00h PRAZA DA COMPAÑÍA BELLA CHAOS
MARTES 25 DE AGOSTO
- 23:00h PRAZA DA ESTACIÓN MOVILLA Y LOS IRREPETIBLES
MÉRCORES 26 DE AGOSTO
- 22:30h PRAZA DA COMPAÑÍA DEUCE
- 00:00h DA COMPAÑÍA LOS JINETES DEL TRÓPICO
XOVES 27 DE AGOSTO
- 22:30h PRAZA DE ESPAÑA 7 ROJO
- 00:00h PRAZA DE ESPAÑA EL MUNDO DE SOFÍA BAND

V Ciclo de Concertos de Grupos Monfortinos / Concello de Monforte

