O equipo de goberno do Concello de Monforte considera que o BNG quere crear polémica, “como lle saliu mal o tema da Fonte, que lles encanta ós veciños, e como xa non saben que mentiras inventar sobre a Ponte, queren crear unha nova polémica na que o Concello non vai entrar”.
Desde o goberno municipal aseguran que seguirán traballando por Monforte, “a pesar das trabas que tratan de poñer os do non, que cando gobernaron durante 12 anos, foi a peor etapa de goberno de Monforte na etapa democrática”. E pídenlle ao voceiro nacionalista que se informe antes de opinar, “facendo declaracións de indocumentado, inventando datos falsos”.

