Tralas actuacións dos grupos SEGUNDA PARTE e ROCKIN’KB na Praza de España o martes 18, e a de NECTARINE SOUL, na Praza da Estación o mércores 19, este xoves, o ciclo desprazouse ata a Praza da Compañía coa participación dos grupos GALGA BLUES BAND e BELLA CHAOS.
O alcalde José Tomé, que asistiu ás tres xornadas de concertos acompañado de outros membros do Equipo de Goberno, lembra que o obxectivo deste ciclo de concertos é, precisamente, dar visibilidade e proxección ás bandas de música local ofrecendo aos artistas monfortinos un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante o público.

Galga Blues Band concerto Compañía / Concello de Monforte
Os concertos regresan a próxima semana con tres novas citas na Praza da Compañía, Praza da Estación e Praza de España:
MARTES 25 DE AGOSTO
- 23:00h na Praza da Estación actuarán MOVILLA Y LOS IRREPETIBLES
MÉRCORES 26 DE AGOSTO
- 22:30h na Praza da Compañía concerto de DEUCE
- 00:00h na Praza da Compañía corcerto de LOS JINETES DEL TRÓPICO
XOVES 27 DE AGOSTO
- 22:30h na Praza de España actuará 7 ROJO
- 00:00h na Praza de España actuará EL MUNDO DE SOFÍA BAND

Nectarine Soul na Praza da Estación / Concello de Monforte

