Homesociedade4 espazos de Monforte recoñecidos coa Q de Calidade Turística

4 espazos de Monforte recoñecidos coa Q de Calidade Turística

As certificacións corresponden á Oficina de Información Turística, ao Miradoiro do Duque, á Torre da Homenaxe e ao Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra, e recoñecen a aposta do Concello de Monforte pola calidade dos seus servizos e recursos turísticos e o cumprimento das normas de calidade establecidas para cada un destes espazos, logo de que obtiveran en 2024 o distintivo Q de Calidade Turística que concede o Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Marca Q de Calidade Turística é un distintivo de carácter nacional que acredita que os establecementos e servizos turísticos certificados cumpren uns estándares de calidade específicos e sometidos a un proceso de avaliación e auditoría. De tal xeito que a certificación supón unha garantía para os visitantes e unha ferramenta de mellora continua para os propios recursos turísticos.

No caso de Monforte, os recoñecementos certificados pola Xunta refírense a catro espazos fundamentais da oferta turística municipal: a Oficina de Información Turística garante unha atención profesional e información de calidade para as persoas visitantes; o Centro de Interpretación do Viño da Ribeira Sacra reforza o seu papel como referente do enoturismo e da divulgación da cultura vitivinícola; mentres que o Miradoiro do Duque e a Torre da Homenaxe consolidan o seu valor como recursos fundamentais do patrimonio paisaxístico, histórico e cultural de Monforte.

A obtención e mantemento destas certificacións implica o cumprimento de esixentes criterios relacionados, entre outros aspectos, coa atención ao visitante, accesibilidade, seguridade, información, organización dos servizos e mellora continua, contribuíndo así a elevar a calidade global da experiencia turística.

O alcalde, José Tomé, “reafirma a nosa aposta por un turismo responsable, sostible e de calidade, capaz de poñer en valor o patrimonio, a cultura, a paisaxe e a identidade local e, ao mesmo tempo, contribuír ao desenvolvemento económico da cidade e do conxunto da Ribeira Sacra”.

Sen dúbida, conclúe, “a certificación da Marca Q é un paso fundamental para seguir consolidando a Monforte de Lemos como un destino turístico responsable. E, sobre todo, un compromiso para seguir mellorando e ofrecendo ás persoas que nos visitan un servizo de calidade”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...