HomePolíticaO PP denuncia que a N-540 entre Chantada e A Barrela segue...

O PP denuncia que a N-540 entre Chantada e A Barrela segue sen pintar

Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, veñen de rexistrar unha iniciativa no Senado para denunciar que, case cinco meses despois do reasfaltado, boa parte dos aproximadamente sete quilómetros da N-540 entre o polígono industrial de Chantada e A Barrela continúan sen pintar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares cualifican de “inaceptable” que o Ministerio de Transportes “sexa incapaz de completar durante meses unha actuación tan básica como pintar unha estrada despois de asfaltala”.

Barreiro, Balseiro e Serrano advirten de que esta circunstancia non pode ser considerada un simple remate pendente, xa que a falta de pintura dificulta identificar correctamente os carrís e afecta directamente á seguridade viaria. A situación resulta especialmente preocupante nos puntos nos que a N-540 conta con tres carrís, onde a ausencia das correspondentes marcas viarias pode xerar confusión entre os condutores.

“Parchear e marchar non é rematar unha obra. Unha estrada ten que quedar correctamente sinalizada e en condicións de seguridade desde o primeiro momento”, subliñan. Os senadores lucenses consideran ademais “difícil de explicar” que unha deficiencia tan evidente se prolongue durante todo o verán, nun período no que aumenta a mobilidade e o tráfico nesta vía.

O PP pregunta ao Goberno “se é consciente dos problemas e riscos que está provocando a falta de pintura, por que transcorreron case cinco meses sen completar a sinalización horizontal e que medidas inmediatas vai adoptar para solucionar a situación.”

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...