HomesociedadeRemata cun balance moi positivo o V Ciclo de Concertos de Grupos...

Remata cun balance moi positivo o V Ciclo de Concertos de Grupos Monfortinos

O V Ciclo de Concertos de Grupos Monfortinos rematou este xoves cos concertos na Praza de España de 7 Rojo e El mundo de Sofía Band. O certame desenvolveuse durante seis xornadas coa participación dunha decena de bandas locais que levaron a música en directo a distintos espazos de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ao longo do ciclo, incluído no programa do Verán Cultural do Concello de Monforte, actuaron os grupos SEGUNDA PARTE, ROCKIN’KB, NECTARINE SOUL, GALGA BLUES BAND, BELLA CHAOS, MOVILLA Y LOS IRREPETIBLES, DEUCE, LOS JINETES DEL TRÓPICO, 7 ROJO e EL MUNDO DE SOFÍA BAND con concertos nas prazas de España, da Estación e da Compañía.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, cualifica de “moi exitoso” o desenvolvemento desta quinta edición, tanto pola participación dos grupos monfortinos como pola animación que se viviu nas diferentes xornadas e, especialmente, pola afluencia de público que acompañou aos músicos nos distintos concertos.

“O balance que facemos desta quinta edición é moi positivo. Tivemos unha magnífica participación dos grupos monfortinos, concertos moi animados e, sobre todo, unha excelente resposta por parte da cidadanía, que desfrutou da música en directo”, sinala o alcalde, José Tomé.

Este ciclo de concertos busca dar visibilidade e proxección ao talento musical local, ofrecendo ás bandas monfortinas un escenario para presentar o seu traballo ante a veciñanza e, ao mesmo tempo, contribuír a dinamizar a actividade cultural e a vida das rúas e prazas da cidade. Neste senso, agradece a participación de todos os grupos, así como a asistencia e o apoio do público.

El Mundo de Sofía Band / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...