HomesociedadeA 'Volta ao Cole do CCU' con inchables e 500 € en...

A ‘Volta ao Cole do CCU’ con inchables e 500 € en premios

As actividades celebrarase o venres 4 de setembro de 2026 na Praza de España de Monforte de Lemos. Pola mañá en horario de 12 e 14 h, e pola tarde das 18 ás 20 horas.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A campaña de dinamización comercial “Volta ao Cole” converterá a Praza España nun gran espazo de lecer para que nenos, nenas e familias poidan gozar dunha xornada chea de diversión o vindeiro 4 de setembro.

A programación que impulsa o CCU de Monforte incluirá tres grandes inchables deportivos e recreativos, ademais do IV Concurso de Puntería do CCU (ás 18:30 h), no que se repartirán 500 € en vales de compra para gastar nos establecementos asociados.

QUE FACER PARA GOZAR DAS ACTIVIDADES?

O acceso ás actividades será gratuíto presentando un ou varios tickets de compra de establecementos asociados ao CCU que sumen, como mínimo, 10€. Só serán válidos os tickets con data do 20 de agosto de 2026 en adiante.

Con esta atractiva proposta o CCU quere premiar a fidelidade das persoas que realizan as súas compras no comercio local e converter a preparación da volta ás aulas nunha experiencia diferente e divertida.

IV CONCURSO DE PUNTERÍA

As persoas participantes deberán demostrar a súa precisión lanzando balóns a unha diana xigante inchable e sumar a maior cantidade de puntos posible. Para esta actividade haberá tres premios en vales de compra para gastar nos establecementos asociados.

PARTICIPACIÓN E PREMIOS

Para participar será necesario:

1. Estar presente antes das 18:30h na Praza de España, xunto á diana xigante, e comunicar aos monitores o interese en participar. As inscricións pecharanse ás 18:30 h e non será posible anotarse unha vez iniciado o concurso.

2. Presentar un ou varios tickets de compra de establecementos asociados ao CCU que sumen, como mínimo, 10€. Só serán válidos os tickets con data do 20 de agosto de 2026 ou posterior.

3. Ser maior de idade ou, no caso das persoas menores, participar acompañadas por unha persoa proxenitora ou representante legal.

O concurso repartirá un total de 500 € entre as tres persoas que obteñan as mellores puntuacións: Primeiro premio de 300€ en vales de compra (6 vales de 50 €), segundo premio de 150€ en vales de compra (3 vales de 50 €), e terceiro premio de 50€ nun vale de compra.

A mecánica concreta explicarase no propio recinto antes do comezo do concurso, xa que poderá adaptarse en función do número de persoas inscritas e do tempo dispoñible. Cada participante terá que realizar un número determinado de lanzamentos á diana xigante e obterá unha puntuación en función dos seus resultados. As mellores puntuacións permitirán acceder á fase final, da que sairán as tres persoas gañadoras. En caso de empate, a organización establecerá os lanzamentos de desempate necesarios para determinar a clasificación definitiva.

A organizazción deste concurso poderá adaptar a mecánica ou modificar as condicións do concurso cando resulte necesario para garantir o seu correcto desenvolvemento, así como aprazar ou cancelar a actividade por causas de forza maior.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...