HomeSucesosHospitalizadas sete persoas dunha residencia DomusVi de Monforte tras arder un dos...

Hospitalizadas sete persoas dunha residencia DomusVi de Monforte tras arder un dos cuartos

Cinco persoas tiveron que ser trasladadas tras un incendio nunha habitación dunha residencia de maiores no municipio lucense de Monforte de Lemos. Unha das persoas trasladadas sufriu queimaduras e outras catro foron trasladadas por inhalación de fume.

Publicado o

- Advertisement -

Sete persoas –tres residentes e catro profesionais– tiveron que ser trasladadas tras un incendio nunha habitación na residencia de DomusVi no concello lucense de Monforte de Lemos. Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse poucos minutos despois das 08.00 horas deste martes, cando un traballador dunha residencia situada na rúa Morín alertou de que saía fume dunha das habitacións da primeira planta. Ademais, indicou que sacaran os ocupantes da estancia e que precisaban asistencia sanitaria.

Os bombeiros sufocaron axiña as lapas e procederon a ventilar as instalacións. As cinco persoas afectadas foron trasladadas ao Hospital de Monforte; unha delas sufriu queimaduras e outras catro foron atendidas por inhalación de fume. Todos os residentes tiveron que ser evacuados mentres se realizaron as tarefas de extinción e ventilación. No operativo tamén participaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e axentes da Policía Nacional e Local.

ANALIZAN AS CAUSAS DO INCENDIO

Pola súa banda, fontes de DomusVi consultadas por Europa Press explicaron que foron trasladadas ao hospital un total de sete persoas –-tres residentes e catro profesionais do centro–. As causas do incendio están a ser analizadas e a situación xa está controlada. Ante isto, as mesmas fontes indican que os sistemas de seguridade e os protocolos do centro se “activaron correctamente” e a residencia mantén a súa actividade con normalidade. “Estamos a seguir de preto a situación e colaborando en todo momento cos servizos de emerxencia e as autoridades”, detallaron fontes de DomusVi.

ÚLTIMAS

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...