HomesociedadeMonforte celebra con visitas guiadas o 6 de setembro a Xornada Europea...

Monforte celebra con visitas guiadas o 6 de setembro a Xornada Europea da Cultura Xudía

O Concello de Monforte conmemora o domingo 6 de setembro a Xornada Europea da Cultura Xudía, a través da organización de dúas visitas comentadas á zona de ámbito xudeu de Monforte, con saída diante da Oficina Municipal de Turismo (rúa Comercio, 6) ás 11:30 e ás 18:00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta actividade intégrase dentro do programa do Verán Cultural organizado polo concello de Monforte. As visitas correrán a cargo do investigador monfortino Felipe Aira, sendo estas gratuítas e cunha duración aproximada de hora e media. É preciso inscribirse previamente na Oficina Municipal de Turismo.

Monforte de Lemos pertence, xunto con outras 20 cidades e poboacións de España, á Asociación da Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad, o cal representa un recoñecemento ó seu rico pasado medieval e en particular á pegada hebrea no mesmo. Pertencer a esta asociación supón contar con actividades que permiten a divulgación do patrimonio histórico e artístico da cidade.

ÚLTIMAS

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...