A queima desenvólvese no castro de Castelo, onde se celebra desde fai máis de 2.000 anos. Trátase dunha tradición celta da que non se ten constancia escrita, pero si se coñece que se mantivo en época romana, ata o punto de que sobreviviu ata os nosos días.
A Asociación Cultural As Fachas revitalizou e mantén viva esta festa tradicional con lume que se celebra no castro de Castelo. As fachas, feitas nas casas da parroquia cun pé de madeira e agucios, dispóñense en círculo e quéimanse, seguindo un ritual secular.
A deputada, Iria Castro, destacaba na presentación “a implicación da veciñanza en dar continuidade a esta tradición, mantendo un patrimonio que é parte da nosa identidade como pobo” e reafirmou “o compromiso da Vicepresidencia da Deputación de Lugo co tecido asociativo que desenvolve un papel fundamental na dinamización cultural e social das parroquias”.
A Vicepresidencia da Deputación achega de 3.000 euros á Queima das Fachas de Castelo, unha das tres festas do lume que se conservan en Galicia, xunto coa de Vilelos, no Saviñao, e a de Castro Caldelas.

