HomePolíticaCourel Vivo urxe a tomar medidas para identificar e poñer en valor...

Courel Vivo urxe a tomar medidas para identificar e poñer en valor o patrimonio histórico, etnográfico e cultural do municipio

O grupo municipal Courel Vivo presentará unha moción no próximo pleno do día 11 solicitando que se identifique e así se poida conservar e poñer en valor o patrimonio histórico, etnográfico e cultural do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O municipio de Folgoso do Courel conta cun patrimonio histórico, etnográfico e cultural de enorme valor, tanto polo seu interese histórico como pola súa capacidade para explicar a identidade, a forma de vida e a relación co territorio das xeracións que os precederon.

“Moito patrimonio xa se perdeu e moito do que queda atópase sen identificar, sen inventariar, sen sinalizar ou en situación de progresiva deterioración, co risco de que elementos singulares da nosa cultura desaparezan sen que exista constancia suficiente da súa existencia ou do seu valor”, destacan.

Merece unha atención especial o Castelo do Carbedo, malia que o castelo conta cunha protección patrimonial, xa fai 32 anos que é Ben de Interese Cultural, “a súa situación actual de abandono fai necesario que as administracións competentes dean os primeiros pasos para coñecer con exactitude a súa situación xurídica e a titularidade do inmoble, e poder garantir así a súa conservación e recuperación, xa sexa mediante adquisición, cesión, convenio coa propiedade ou calquera outra fórmula legalmente viable”.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...