HomeDeportesO deporte de Chantada no Corazón de Galicia viste o Pavillón Municipal

O deporte de Chantada no Corazón de Galicia viste o Pavillón Municipal

As melloras que se executan desde a concellaría de Deportes no Pavillón Municipal superan os 10.000€ financiados con fondos propios. Na actualidade tamén se desenvolven traballos de mantemento na Piscina Municipal Climatizada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada segue a desenvolver un importante traballo de modernización e mellora das instalacións deportivas municipais. Despois das recentes actuacións no campo de fútbol do Sangoñedo ou nas pistas de tenis para mellorar a iluminación e a eficiencia enerxética ou na Piscina Climatizada coa renovación da ventilación; no Pavillón Polideportivo Municipal desenvólvense distintas melloras.

Por unha banda, prepárase unha mellora estética na fachada, á que xa se lle deu unha capa provisional de pintura, e onde tamén se cambiará o letreiro que presenta as instalacións. Como primeira medida creouse unha nova imaxe para enxalzar o deporte do Concello de Chantada Corazón de Galicia. O deseño de Trece Trazos decora agora nun grafiti vermello o acceso ao Pavillón e nun grafiti verde, a parede da pista debaixo da pantalla do marcador.

Durante o verán tamén se aproveitou para repoñer elementos danados polo paso do tempo, as condicións climatolóxicas deste inverno ou por actos vandálicos. Deste modo repuxéronse planchas na cúpula central, que xa se comezara a reparar o pasado ano, substituíronse as portas danadas de vestiarios e baños, ademais de mobiliario destes últimos, cambiándose tamén os asentos dos chanzos que estaban en mal estado e cristais rotos nalgunha ventá. No interior do Pavillón tamén se adecentarán as partes de parqué danadas.

As melloras que se executan desde a concellaría de Deportes no Pavillón Municipal superan os 10.000€ financiados con fondos propios. Tamén, cara o cambio de tempada estanse desenvolvendo traballos de mantemento na Piscina Municipal Climatizada, aos que o concello destina 30.000€ para reparacións, limpeza do habitáculo da piscina e nova pintura especial para este espazo.

O Concello de Chantada desenvolve periodicamente este tipo de actuacións encamiñadas a manter actualizadas as instalacións deportivas municipais e contribuir á confortabilidade das persoas usuarias.

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...