O certame que se celebra no Val de Aosta, Italia, é un dos principais concursos internacionais especializados nos chamados viños heroicos e constitúe o único certame internacional dedicado exclusivamente aos viños procedentes de territorios caracterizados por condicións de viticultura extrema, como zonas de montaña, terreos con fortes pendentes ou pequenas illas.
A presenza da Ribeira Sacra neste concurso ten unha especial relevancia, xa que a viticultura da denominación caracterízase por ese carácter heroico, cunha importante parte dos viñedos situados en zonas de elevada pendente e con dificultades para a mecanización.
Entre os galardóns acadados nesta edición destacan as catro Grandes Medallas de Ouro, concedidas a:
- Don Bernardino Mencía de Amandi 2025, de Don Bernardino.
- 1904 Mater Granite 2022, de Adega Vella.
- Viña Dariz Mencía 2025, de Adega Caneiro.
- Regina Viarum Mencía 2025, de Adegas Regina Viarum.
A estas distincións súmanse 14 Medallas de Ouro, obtidas polas seguintes referencias:
- Vía Romana Añada Mencía 2025, de Adega e Viñedos Vía Romana.
- Batanero Mencía 2022, de Pazo de la Cuesta.
- Mencía 12 2024, de Adega Vella.
- Pobre Diablo Mencía 2021, de Adega Vella.
- Almalarga Godello 2022, de Alma das Donas.
- Don Bernardino 4ª Generación 2022, de Don Bernardino.
- Regina Viarum Mencía 2025, de Bodegas Regina Viarum.
- Rectoral de Amandi Mencía 2025, de Bodega Rectoral de Amandi.
- Bancales Olvidados Mencía 2021, de Adega Ponte da Boga.
- Bancales Olvidados Parcela Trasmonte Mencía 2024, de Adega Ponte da Boga.
- Costa do Sil Mencía 2024, de Bodega Caneiro.
- Marcelino I Mencía 2025, de Marcelino Tierra y Vino.
- Cárcava Mencía 2025, de Viñedos Zarzagal.
- Viña Frieira Mencía 2025, de Viña Frieira.
Ribeira Sacra no xurado do certame
Nesta edición do Mondial des Vins Extrêmes contouse coa presenza da directora técnica, Beatriz Soto González, como integrante do panel oficial de cata encargado de avaliar os viños participantes, o que permite achegar ao xurado a experiencia e o coñecemento dunha denominación cunha longa tradición de viticultura heroica, ao tempo que reforza a presenza da Ribeira Sacra nun dos concursos internacionais de referencia para este tipo de viticultura.
Os resultados acadados neste certame supoñen un novo recoñecemento á calidade e singularidade dos viños da D.O. Ribeira Sacra, así como ao traballo desenvolvido polas adegas e viticultores para manter unha viticultura marcada polo esforzo, a dificultade do territorio e o respecto polo seu carácter único.

