Un acordo entre o Concello da Pobra do Brollón e o Club de Voleibol Ribeira Sacra fará posible crear unha escola deportiva neste concello co alumnado do colexio e a adestradora da devandita entidade deportiva, Laida Alvarado, deportista que como xogadora formou parte da Selección de Venezuela. Anos despois, xa no campo técnico, foi segunda adestradora do Ribeira Sacra na Superliga española e tamén de equipos como Benidorm ou Menorca.
“Este convenio é una aposta decidida do Concello polo voleibol, logo de asinar tamén un convenio coa Federación Galega para que A Pobra do Brollón sexa sede de concentracións das selección galegas e dos Campus que organiza”, informan tamén dende o CV Ribeira Sacra.
ACTUALIDADE DO C.V. RIBEIRA SACRA
Mónica Rodríguez, xogadora no seu día da Superliga española e tamén adestradora do club, retomará a súa actividade como personal de apoio ao Corpo Técnico. Farao cando se recupere dunha lesión e xunto con Yorasi Meleán serán as encargadas de dirixir aos equipos de Primeira División infantil e cadete, así como o xuvenil.
Así, pois, aparte de Yorasi, Mónica e Laida, completarán o corpo técnico María, Raquel, Roberto, Jhoni e Rubén. Para os adestramentos contarán coas horas do Concello de Monforte, así como tres horas máis cedidas polo IES Río Cabe onde as máis cativas adestrarán na tarde dos venres.
No que se refire á actividade do club, ademais da devandita Escola Deportiva que se creará no Concello da Pobra do Brollón, lembrar que mantén a actividade deportiva no Colexio A Gándara de Monforte, no Concello de Quiroga a través do Club Quirogavolei e tamén no Concello de Chantada a través das súas Escolas Deportivas. Con todo, dende esta entidade deportiva esperan superar os/as máis de 150 participantes da pasada tempada.
Con estas novas o club deu comenzo á tempada 26/27 o pasado 1 de setembro e este ano contará con dez equipos federados.

