HomeDeportesInscricións abertas ata o 17 de setembro para participar nas Olimpíadas Galegas...

Inscricións abertas ata o 17 de setembro para participar nas Olimpíadas Galegas do Envellecemento Saudable que se celebrarán en Chantada o día 19

O sábado, 19 de setembro, celébrase en Chantada un evento deportivo pioneiro en Galicia e en todo o territorio nacional: as primeiras Olimpíadas do Envellecemento Saudable. Un evento lúdico, deportivo, cultural e comunitario que promove a actividade física, o benestar integral e a participación social ao longo de todo o curso de vida.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cita que se desenvolverá durante toda a xornada está promovida pola Sociedade Galega de Xerontoloxía, iNNOHEROICA e o Club Peña Saltasebes Chantada, coa colaboración do Concello de Chantada. Esta semana o comité olímpico, formado por médicos, xeriatras, catedráticos da Sociedade Galega de Xeriatría, e representantes da Xunta de Galicia visitou a vila do Asma para comprobar a organización e os espazos nos que se desenvolverá a Olimpíada.

As actividades inclúen tres probas deportivas: Resistencia (Carreira sobre asfalto 2,5 e 5 km), Forza (Lanzamento de Peso); e Velocidade (Carreira de Cros 200 metros); dúas probas cognitivas (xadrez e dominó); e diferentes actividades para potenciar as relacións sociais e interxeracionais.

Programa das I Olimpíadas de Envellecemento Saudable

  • 10:00h Carreira de resistencia (correr ou andar rápido), 5km ou 2,5Km. Percorrido circular desde o parque Eloísa Rivadulla, casco antigo e parte do paseo fluvial. Nunha volta fanse os 2,5Km e en dúas os 5Km.

Lanzamento de peso. Zona das pistas de tenis

Carreira de velocidade ou andar rápido (200m). Rúa Doutor Fleming

  • 12:00h Xogos cognitivos, xadrez e dominó. Parque Eloísa Rivadulla
  • 13:00h Comida e actuación musical de Fandiblue & Tetegrass. Parque Eloísa Rivadulla
  • 16:00h Charlas sobre envellecemento saudable. Parque Eloísa Rivadulla
  • 17:00h Andaina de 5km pola Ribeira Sacra visitando a igrexa de Santa María de Pesqueiras e camiñando pola zona de ribeira ata chegar a Adegas Amedo.
  • 19:00h Viño Adegas Amedo

Baixo o lema ‘Todas as persoas contan, todas as idades suman’, estas primeiras Olimpíadas do Envellecemento Saudable están abertas a todas as idades desde os 6 anos, co obxectivo de evitar o odadismo e aprender a envellecer. A madriña da celebración será Esperanza Cortiñas, veciña de Carballedo con 109 anos.

Ainscrición está aberta na plataforma de champiochip ata o xoves, 17 de setembro, sendo gratuíta para os menores de idade e cun prezo para o resto de participantes de 12€ a 18€ que dá opción a participar en todas as pobras, seguro médico, camiseta das Olimpíadas, comida, asistencia ás charlas e a actuación musical e autobuses para as andainas.

Estas primeiras Olimpíadas do Envellecemento Saudable que escollen a paisaxe e o patrimonio de Ribeira Sacra e, en especial de Chantada, como escenario, promocionánse nas redes sociais co apoio de caras coñecidas como, kiko Novoa, Rodrigo Vázquez, Fernando Romay, Álvaro Pino ou Silvia Jato, entre outras.

ÚLTIMAS

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...

A Cooperativa Lemos celebra a súa xuntanza anual e cea de confraternidade

A Cooperativa Lemos celebrou a súa xuntanza anual e cea de confraternidade para apoiar...

Agroma Sober leva a pleno revalorizar a Amandi, mellorando vías e fontes

A pesares de ser o nome que dá sona e historia aos viños da...

O BNG de Monforte presenta unha moción para que o Concello priorice o traballo cos bancos que manteñen atención presencial na cidade

O BNG de Monforte de Lemos presentou unha moción ao Pleno municipal para reclamar...