HomesociedadeTomé destaca a promoción turística que supón para Monforte formar parte da...

Tomé destaca a promoción turística que supón para Monforte formar parte da Rede de Xuderías de España

Na actualidade, a Rede de Xuderías de España está integrada por Ávila, Barcelona, Béjar, Cáceres, Calahorra, Córdoba, Estella-Lizarra, Hervás, Jaén, León, Lorca, Lucena, Monforte de Lemos, Plasencia, Ribadavia, Sagunto, Segovia, Tarazona, Toledo, Tudela e Tui, ás que se suman 6 novas incorporacións aprobadas na 68ª Asemblea celebrada o pasado mes de decembro de 2025 e ratificada na 69ª Asamblea, en abril: Sevilla, Calatayud, Cidade Autónoma de Melilla, Uncastillo, Llerena e Valencia de Alcántara.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, e a tenente alcalde, Gloria Prada, participaron este venres en Melilla na 70ª Asemblea Xeral Ordinaria da Rede de Xuderías de España-Camiños de Sefarad, un encontro que reuniu a representantes dos 27 municipios que actualmente forman parte desta entidade, o momento de maior expansión xeográfica trala incorporación neste último ano de 6 novas cidades, unha delas a autónoma de Melilla.

A presenza do Concello nesta Asamblea, destaca José Tomé, “reforza aínda máis a participación da nosa cidade nunha rede que traballa de maneira conxunta na conservación, promoción e posta en valor do patrimonio histórico”. Estar presente neste tipo de encontros, engade o rexedor, “supón unha oportunidade magnífica para dar a coñecer a enorme riqueza monumental, cultural e paisaxística de Monforte e contribuír á promoción turística da cidade e da Ribeira Sacra”. Neste senso, destaca o feito de “poder compartir experiencias con outras cidades e impulsar iniciativas que teñen tamén unha repercusión positiva para o turismo, o comercio e a hostalería”.

Durante a Asemblea abordáronse diferentes cuestións relacionadas co funcionamento da Rede e co desenvolvemento do Plan de Acción Estratéxica e Proxectos 2026, que articula as actuacións da entidade nos ámbitos turístico, cultural, patrimonial e académico. Tamén se puxo o foco na proxección internacional dos Camiños de Sefarad e na presenza da Rede en diferentes mercados turísticos.

Neste sentido, anunciáronse novas accións de promoción internacional, entre elas a presentación institucional que terá lugar o próximo 11 de novembro en Miami, así como actuacións desenvolvidas en colaboración con Turespaña en diferentes destinos internacionais. A entidade conta tamén cun convenio coa Confederación Española de Axencias de Viaxes (CEAV), que incorpora o legado sefardí das 27 cidades da Rede á oferta de miles de axencias de viaxes españolas.

A Rede de Xuderías de España-Camiños de Sefarad, asociación fundada en 1995, promove o legado dos municipios españois vinculados á presenza histórica das comunidades xudías, e está recoñecida como Itinerario Cultural do Consello de Europa. Monforte de Lemos tivo un papel destacado cando presidiu a Rede no ano 2023 e acolleu a celebración da 63ª Asemblea. Tomé considera que a participación activa de Monforte na Rede “nos permite estreitar a colaboración con outras cidades, compartir iniciativas e seguir traballando para que este patrimonio sexa tamén un elemento de promoción cultural e turística de Monforte”.

ÚLTIMAS

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...

Celebración do ‘Día das Bibliotecas’ cunha intensa xornada de actividades culturais no Saviñao

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Pública Municipal do Saviñao...