HomesociedadeA EOI de Monforte acolle en outubro un curso básico en prevención...

A EOI de Monforte acolle en outubro un curso básico en prevención de riscos laborais na construción

Acción Contra a fame coordina unha formación gratuíta e certificada que homologa para poder traballar neste sector denominada: Curso Básico en Prevención de Riscos Laborais na Construción (PRL).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A duración da formación é de 60 horas das cales 20 son presenciais a desenvolver na EOI de Monforte, e 40 horas son en liña (polo que se necesita dun computador, móbil ou tablet para a súa execución). Ambos os formatos deben realizarse completos para poder recibir a certificación oficial.

  • As clases presenciais de 5 horas (de 09.05 a 14.00 horas), terán lugar o xoves, 01 de outubro: Inicio e presentación do profesorado. Explicación do funcionamento da plataforma.
  • 08 de outubro: Seguimento
  • 15 de outubro: Seguimento
  • 22 de outubro: Fin do curso e peche.

O resto das horas (40) serán en liña con titorías e seguimento dos participantes por parte da empresa formadora. Débense finalizar todas as horas antes do 22 de outubro.

As persoas interesadas deben inscribirse antes do 25 de setembro en: https://forms.cloud.microsoft/e/he8K3LdgRK


ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...