HomeMedio ambiente e PatrimonioEstabilizado o incendio forestal de Quiroga

Estabilizado o incendio forestal de Quiroga

A Consellería do Medio Rural comunicou esta nova situación ás 20:52 horas do xoves, 17 de setembro. O lume afectou ata o momento unha superficie de 420 hectáreas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello lucense de Quiroga, na parroquia de Pacios da Serra, quedou estabilizado desde as 20:52 horas deste pasado xoves.

Este lume, iniciado o pasado martes ás 15:25 h, obrigou a decretar este mércores a “Situación 2” como medida preventiva. A decisión tomouse pola súa proximidade a varias aldeas, unha situación operativa de emerxencia que xa foi desactivada. Malia a estabilización aínda se atopan na zona numerosos efectivos realizando labores de saneamento do perímetro para evitar as reproducións, e durante uns días manteranse en vixiancia.

Segundo as últimas estimacións provisionais, afectou unha superficie de 420 hectáreas e para a súa extinción mobilizáronse ata o momento, de forma acumulada, 14 técnicos, 65 axentes, 79 brigadas, 53 motobombas, 8 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 13 helicópteros e 12 avións.

A primeira hora da tarde do xoves achegábase ata o posto de mando de Quiroga o Delegado Territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares. Primeiro interesouse pola situación e a evolución do incendio e despois desprazouse ata a pista de Penas Rubias onde estivo falando cos efectivos que se atopaban traballando no lugar.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...