HomeMedio ambiente e PatrimonioDáse por controlado o incendio de Quiroga

Dáse por controlado o incendio de Quiroga

As últimas estimacións refiren a afectación dunha superficie de 460 hectáreas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural informa que o incendio forestal rexistrado no concello lucense de Quiroga, parroquia de Pacios da Serra, está controlado desde as 21.00 horas deste pasado venres, 18 de setembro. Neste lume foi preciso decretar o mércores a Situación 2, como medida preventiva, pola súa proximidade a núcleos de poboación, unha situación operativa de emerxencia que xa quedou desactivada nesa mesma xornada.

O incendio iniciouse ás 15:25 horas do pasado martes e segundo as últimas estimacións provisionais puido afectar a unha superficie de 460 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora, de xeito acumulado, 14 técnicos, 75 axentes, 87 brigadas, 60 motobombas, 8 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 13 helicópteros e 12 avións.

ÚLTIMAS

IGV denuncia que a Deputación convoca axudas para a vivenda do seu persoal e non impulsa unha política propia de vivenda social

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 17 de outubro de 2026 recolle unha...

A Cooperativa Lemos celebra a súa xuntanza anual e cea de confraternidade

A Cooperativa Lemos celebrou a súa xuntanza anual e cea de confraternidade para apoiar...

Agroma Sober leva a pleno revalorizar a Amandi, mellorando vías e fontes

A pesares de ser o nome que dá sona e historia aos viños da...

O BNG de Monforte presenta unha moción para que o Concello priorice o traballo cos bancos que manteñen atención presencial na cidade

O BNG de Monforte de Lemos presentou unha moción ao Pleno municipal para reclamar...