HomePolíticaFomento segue adiante coa execución das infrastructuras proxectadas para Terra de Lemos

Fomento segue adiante coa execución das infrastructuras proxectadas para Terra de Lemos

A petición de José Manuel Barreiro, o secretario Xeral de Infrastructuras compromoteuse a manter unha reunión de seguimento cos afectados cada 3 meses, sendo a primeira despois do verán

Publicado o

- Advertisement -

O Ministerio de Fomento vén de ratificar o seu compromiso público para continuar coa execución das infraestructuras proxectadas ou que se están a desenvolver no sur da provincia de Lugo. 

En declaracións do voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro, califica “de positiva a xuntanza, na que creo que demos paso para mellorar as comunicacións da provincia e, o que é máis importante, que estamos a cumprir a palabra dada en días pasados diante dos veciños”.

Deste xeito van seguir impulsando a A-56, cuxo treito entre San Martiño-A Barrela xa está en obras, o proxecto da variante Norte de Ourense e a A-76 da variente de Monforte que xa está licitado e van continuar co arranxo da N-540.

No tocante ós orzamentos, hai 10 millóns de euros programados neste ano para o treito da Barrela máis 50.000 euros para os treitos Taboada-Narón e Narón Guntín.

 

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...