A Escola Samoeiro leva dezaoito anos en activo, aglutinando arredor da música e do baile a veciños e veciñas da Pobra, mais tamén de concellos limítrofes.
As clases ofertadas son baile tradicional e canto e pandeireta, impartidas por Iago Domínguez; percusión tradicional e gaita, impartidas por Álvaro Candal, e mais acordeón con Hadrián Rei. Hai a maiores dúas materias dirixidas a nenos e nenas: música e movemento (4-11 anos) con Hadrián Rei e iniciación á música tradicional (percusión e gaita) para nenos de 8 a 16 anos con Álvaro Candal. Tamén se ofrece canto coral con Alfonso Campos.
O curso comezará o 1 de outubro. Haberá dúas xornadas de portas abertas da clase de inicación á música tradicional (percusión e gaita), para que os nenos e nenas poidan probar sen compromiso. Serán os xoves 1 e 8 de outubro de 18:00 a 19:00 horas. Neste caso, a matrícula pode realizarse pasada o peche de inscricións.
Os horarios de cada materia así como prezos e detalles da inscrición, pódense consultar na web concellodapobradobrollon.gal.

