HomePolíticaPor Chantada presenta unha moción para a preservación da empanada do municipio

Por Chantada presenta unha moción para a preservación da empanada do municipio

Por Chantada – Interior Galego Vivo esixe á Deputación de Lugo solucións concretas para a seguridade viaria no rural do municipio. Refírense, en concreto á situación da ponte do Seixo, na LU-P-1807, e a unha árbore caída que dificulta a circulación na LU-P-1814 entre os lugares de Río, en Requeixo, e Penelas, en Esmeriz. 

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Por Chantada explica na moción presentada no concello, que nas últimas décadas e coa paulatina desaparición dos fornos tradicionais nos fogares, a empanada ficou case restrinxida ás panadarías. Hoxe a supervivencia deste produto depende enteiramente do pequeno empresariado que foi desaparecendo “por falta de relevo xeracional e da man dunha industrialización e estandarización alimentar cada día máis intensiva, quedando a día de hoxe apenas dous estabelecementos panadeiros”.

A formación política salienta a aposta realizada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa creación da Cátedra do Pan e do Cereal -única no Estado- no ano 2016, coma un exemplo do recoñecemento da importancia que teñen o pan e os produtos derivados da fariña no patrimonio gastronómico galego e evidencia a necesidade de preservar non só os produtos en si mesmos, senón tamén os coñecementos, técnicas, tradicións e formas de elaboración que lles dan significado e que os vinculan estreitamente co territorio.

A concelleira, Fernández Montes, asegura que a empanada de Chantada “forma parte do noso patrimonio. É un produto que reúne tradición, identidade local, materia prima, coñecemento e memoria colectiva. Ten identidade propia, polo que as administracións locais deben impulsar a súa preservación e promoción con medidas de divulgación, apoio ao sector, transmisión do saber tradicional e recoñecemento institucional da empanada como elemento propio e distintivo da nosa vila”.

Así, Por Chantada-IGV solicitará ao Pleno da Corporación a aprobación dunha serie de medidas concretas como xerar sinerxías con entidades públicas e privadas que poidan contribuír para o mantemento, preservación e posta en valor da empanada de Chantada; investigar, a través das persoas que rexentan ou rexentaron estabelecementos panadeiros e de viciñanza con saberes ao respeito publicamente recoñecidos, as receitas tradicionais típicas da empanada de Chantada, rexistralas, conservalas e darlle difusión a través de obradoiros; ou incentivar a apertura de estabelecementos que atendan a empanada tradicional de Chantada, así como o relevo xeracional.

Seguridade real nas obras do rural

Por Chantada – Interior Galego Vivo esixe á Deputación de Lugo solucións concretas para a seguridade viaria no rural do municipio. Refírense, en concreto á situación da ponte do Seixo, na LU-P-1807, e a unha árbore caída que dificulta a circulación na LU-P-1814 entre os lugares de Río, en Requeixo, e Penelas, en Esmeriz. 

Lembran que en setembro de 2024, a Corporación do Concello de Chantada aprobou por unanimidade unha moción apresentada por Por Chantada – Interior Galego Vivo para mellorar a seguridade da LU-P-1807 e ampliar a curva situada no Seixo. No entanto, os recentes traballos de mantemento na vía non contemplan calquera tipo de actuación nun ponto crítico para a seguranza vial. Transcorridos xa dous anos desde entón, non se recibiu constancia dunha solución definitiva nin dunha resposta

“Non pode ser que unha moción aprobada por unanimidade en 2024 quede esquecida en canto pasan os anos e a situación da curva do Seixo segue xerando preocupación pola seguridade ao que agora debemos engadir a ponte”, sinala Antom Fente, insistindo en que “O goberno da Deputación de Lugo cumpre con Antas ou con Monforte, mais non con Chantada”.

A formación considera especialmente significativo que a Deputación anuncie actuaciós na rede viaria de Chantada e que as obras non se axusten a unha planificación para garantir a seguridade e as condicions de circulación,”Non se nos ocorre millor momento para tir acometido unha demanda histórica da viciñanza: a ampliación da curva do Seixo para podela dotar de beirarrúas nunha zona de tránsito rodado e peonil de cara á zona recreativa do Sangoñedo”.

Por Chantada considera que o rural non pode quedar relegado a anuncios xerais de investimento, en canto problemas concretos de seguridade fican sen seren resoltos. «O rural non precisa tanto anuncio. Precisa que cando unha viciña chama porque hai unha ponte danada ou unha estrada bloqueada, a administración vaia, comprobe e actúe. Iso tamén é defender o rural», conclúe Por Chantada – Interior Galego Vivo.

Ponte do Seixo / Roi Fernández (cedida)

ÚLTIMAS

“Juana I de Castilla”, unha obra teatral da compañía rioxana ‘Nueve Lunas Teatro’ en Sarria

A compañía rioxana Nueve Lunas Teatro trae a Sarria este domingo 27 de setembro...

O 29 de setembro remata o prazo para matricularse nun novo curso da Escola de Música Samoeiro

A Escola Samoeiro leva dezaoito anos en activo, aglutinando arredor da música e do...

A UNED Sénior de Sarria celebra 12 anos coa graduación de 40 estudantes

O acto serviu para recoñecer o traballo realizado durante o curso e, ao mesmo...

Matrícula aberta para 73 prazas que quedaron libres nas Escolas Deportivas Municipais de Monforte

A oferta deportiva para este curso divídese en actividades para nenos e nenas (entre...