HomePolíticaO PP esixe explicacións a Tomé sobre os convenios coa CHMS

O PP esixe explicacións a Tomé sobre os convenios coa CHMS

O PP esixe explicacións ao alcalde de Monforte, José Tomé, sobre os máis de 93.000 euros que "o Goberno de Sánchez ten aprobado para cobrar ao Concello neste 2026 en concepto de Tarifa de Utilización da Auga (TUA) relacionada con obras realizadas en virtude de varios convenios coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os representantes do PP lucense nas Cortes Xerais do Estado advirten dunha “elevada suma que o Goberno de Sánchez lle esixe ao Concello de Monforte de Lemos durante 25 anos”, vinculada ás obras con acordos pechados coa CHMS e finalizadas antes da entrada en vigor da modificación do texto refundido da Lei de Augas operada a través do RD 4/2023, de 11 de maio. “Os cobros retroactivos evidencian o afán recadador da Confederación Hidrográfica Miño-Sil con cargo ás arcas municipais en detrimento da prestación de servizos públicos aos veciños e veciñas”, aseguran.

Os populares aclaran que as liquidacións que a CHMS pretenda cobrar por convenios e obras tramitadas a partir do 11 de maio de 2023 atópanse no marco da nova legalidade, pero resulta “inxustificado aplicar esa TUA en convenios anteriores”. Advirten de que “o Goberno de Sánchez pretende estender ese cobro anual durante 25 anos chegando a recadar arredor de 17M€ polos convenios asinados antes de maio do 2023 só coa CHMS”-

Segundo os populares, o Goberno de España ten aprobadas liquidacións para este 2026 ao Concello de Monforte de Lemos por máis de 93.000 euros, dos que máis de 69.000 están vinculados á segunda fase das obras de mellora da rede de saneamento e depuración recollidas nun convenio de novembro do 2020. E preto de 18.500 euros relacionados coas actuacións doutro convenio asinado en marzo do 2023 para a entrega de actuacións de mellora no saneamento e depuración. “En total, máis de 88.000 euros que se derivan de obras de convenios anteriores á entrada en vigor da nova normativa en materia de augas”.

A voceira popular, Katy Varela, considera “imprescindible” que o alcalde aclare as condicións nas que se están a executar obras en Monforte con convenios coa CHMS, “Queremos saber o que negociou Tomé coa Confederación Hidrográfica e se supón unha hipoteca para os monfortinos a longo prazo”.

ÚLTIMAS

265.000€ para que 12 concellos lucenses adquiran vehículos e maquinaria para a prevención de incendios forestais

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que o Diario Oficial de Galicia...

Agroma Sober denuncia que “as causas estruturais dos lumes permanecen e a xestión territorial segue desaparecida”

Durante os meses de agosto e setembro o Concello de Sober enviou a propietarios...

Por Chantada presenta unha moción para a preservación da empanada do municipio

Por Chantada explica na moción presentada no concello, que nas últimas décadas e coa...

“Juana I de Castilla”, unha obra teatral da compañía rioxana ‘Nueve Lunas Teatro’ en Sarria

A compañía rioxana Nueve Lunas Teatro trae a Sarria este domingo 27 de setembro...