Homesociedade30.000€ para renovar o alumeado público en 8 núcleos de Sober

30.000€ para renovar o alumeado público en 8 núcleos de Sober

O proxecto inclúe a instalación de 83 novas luminarias de alta eficiencia enerxética nos Pacios, As Laxes, O Barrio, Vilastrille, A Pena de Proendos, Sober o Vello, Proendos e Vilela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta destina 30.000 euros a través do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) deste ano a colaborar co concello de Sober na mellora do alumeado público en oito núcleos.

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, xunto co alcalde de Sober, Luis Fernández, visitou a zona para comprobar o resultado da actuación, que se levou a cabo nos lugares dos Pacios, As Laxes, O Barrio, Vilastrille, A Pena de Proendos, Sober o Vello, Proendos e Vilela.

Colocáronse 83 novas luminarias con tecnoloxía LED, de alta eficiencia enerxética, que ademais de reducir o consumo minimizan a contaminación lumínica ao ceo nocturno. Tamén se reformou a correspondente instalación asociada.

Villares enmarcou estas obras na colaboración da Xunta coas entidades locais da provincia para impulsar investimentos en servizos públicos e destacou as liñas específicas xestionadas pola Dirección Xeral de Administración Local, que o ano pasado achegou 35.000 euros ao Concello de Sober para mellorar a pavimentación de vías municipais en Proendos, a través da orde destinada a crear ou acondicionar infraestruturas; e 51.500 euros a impulsar a eficiencia enerxética de edificios municipais, mediante o fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local.

ÚLTIMAS

Os contacontos regresan á Casa da Cultura de Chantada con sesións os primeiros venres de mes

A proposta diríxese a público familiar a partir dos tres anos, ofrecendo un espectáculo...

Tomé insiste en que a nova ponte se fará a pesar das posturas en contra

A oposición presentou no pleno deste luns varias iniciativas para paralizar o proxecto da...

A Cova de Eirós certifica o seu uso funerario despois de localizar restos humanos da Idade de Bronce

Os traballos na Cova de Eirós e contorna encádranse no Plan de actuacións arqueolóxicas...

Sober reforza a compostaxe doméstica coa entrega de 50 composteiros

Pode acceder a este composteiro toda persoa que resida nunha vivenda illada que conte...