HomesociedadeChantada mellora o miradoiro Sobre Cabo do Mundo

Chantada mellora o miradoiro Sobre Cabo do Mundo

O concello de Chantada vén de rematar a mellora e modernización do miradoiro Sobre Cabo do Mundo localizado en Nogueira de Miño. Este enclave ofrece unha espectacular panorámica da zona de ribeira sobre este icónico espazo no territorio Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A brigada de parques e xardíns acondicionou este miradoiro cambiando as estruturas de madeira e instalando novas varandas máis seguras e acordes coa contorna. O persoal de parques e xardíns desenvolve ademais durante todo o ano labores de desbroce e mantemento nos miradoiros para a súa conservación.

O Concello de Chantada conta con cinco miradoiros no seu termo municipal, 4 deles sobre o río Miño e un no monte do Faro nun espazo natural integrado na Rede Natura 2000, declarado Lugar de Importancia Comunitaria e espazo Starlight.

Con vistas ao Miño dispón dos miradoiros Terra Branca, Líncora, Sobre Cabo do Mundo e Sernande. Nestes dous últimos, a concellaría de Turismo fixo un importante investimento para mellorar as instalacións que cada ano reciben máis visitantes.

No ánimo de seguir avanzando na calidade deste tipo de recursos, a concellaría de Turismo de Chantada prepara a reforma integral do miradoiro de Líncora.

ÚLTIMAS

A familia de Pepiño moi agradecida e sorprendida pola repercusión da exposición de pintura na Biblioteca Municipal de Escairón

José Losada, ‘Pepiño’ para os amigos, é un veciño de Escairón moi popular no...

O Camiño de Inverno celebra 10 anos da súa oficialidade, a recompensa a décadas de traballo

A celebración tivo lugar neste último domingo de setembro coa participación dos integrantes das...

30.000€ para renovar o alumeado público en 8 núcleos de Sober

A Xunta destina 30.000 euros a través do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) deste...

Os contacontos regresan á Casa da Cultura de Chantada con sesións os primeiros venres de mes

A proposta diríxese a público familiar a partir dos tres anos, ofrecendo un espectáculo...